Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan en Irán os funerais públicos polo asasinado líder supremo Alí Khamenei

Comezan en Irán os funerais públicos polo asasinado líder supremo Alí Khamenei

O dirixente faleceu hai máis de catro meses nos ataques dos Estados Unidos e Israel no primeiro día da guerra

Milleiros de persoas na Gran Mesquita, en Teherán. REUTERS/Mohammed Salem Milleiros de persoas na Gran Mesquita, en Teherán. REUTERS/Mohammed Salem
G24.gal 04/07/2026 11:11 Última actualización 04/07/2026 12:27

Irán comezou este sábado os funerais públicos polo líder supremo, Alí Khamenei, asasinado nos ataques lanzados polos Estados Unidos e Israel no primeiro día da guerra, o 28 de febreiro.

Milleiros de persoas achegáronse á Gran Mesquita, en Teherán, para darlle o último adeus ao home que dirixiu a República Islámica durante máis de 36 anos. 

O seu cadaleito, xunto ao da filla, neta, xenro e nora, falecidos na mesma data, presiden a cerimonia desde o alto do escenario. Aquí vai permanecer ata as 20:00 horas.

Entre a multitude, hai moitos retratos, bágoas, golpes no peito e peticións de vinganza. Tamén destaca unha bandeira vermella coa frase en inglés "Kill Trump", en alusión ao presidente dos Estados Unidos.

Os cadaleitos de Khamenei e a súa familia. REUTERS/Alkis Konstantinidis Os cadaleitos de Khamenei e a súa familia. REUTERS/Alkis Konstantinidis

Seis días de funerais

As autoridades iranianas agardan a participación duns 20 millóns de persoas nos actos de despedida que van continuar o luns, co percorrido pola capital do cortexo fúnebre.

O martes trasladarase á cidade santa de Qom e o mércores a Iraq. Finalmente, Khamenei vai ser soterrado o xoves na cidade sacra de Mashad, no nordés do país, no mausoleo do imán Reza, o oitavo do chiísmo.

Este venres celebrouse unha cerimonia de homenaxe coa participación de altos cargos iranianos e estranxeiros, entre eles os primeiros ministros de Paquistán e Armenia e os presidentes de Iraq, Tadxiquistán e Xeorxia.

Tamén estiveron representantes de Rusia, da China, Siria, O Líbano, Afganistán, Marrocos, Qatar, Omán, Arabia Saudita, Nicaragua e Cuba, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade