Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as negociacións entre os 27 para renovar a cúpula da Unión Europea

Comezan as negociacións entre os 27 para renovar a cúpula da Unión Europea

Cumio informal en Bruxelas antes do Consello Europeo previsto para o 27 e 28 de xullo

G24.gal 17/06/2024 14:47

Unha semana despois de que os votos dos europeos marcaran o rumbo dos 27 para os próximos cinco anos comezan as negociacións para renovar as institucións comunitarias.

"Temos que construír unha ampla maioría para unha Europa forte", asegura Ursula Von der Leyen, Presidenta da Comisión Europea.

Desa ampla maioría forman parte os populares, ganadores das eleccións, os socialistas e os liberais, que xa comezaron as negociacións para propoñer os primeiros nomes. Todo apunta a que a actual presidenta, Ursula von der Leyen, repetirá o seu cargo á fronte da Comisión Europea. Como tamén a conservadora, Roberta Metzola, no Parlamento Europeo.

Por parte do grupo socialidemócrata, os negociadores, Pedro Sánchez e Olaf Scholz, aspiran a situar o exministro portugués António Costa como presidente do Consello Europeo, en substitución de Charles Michel. Como Alta Representantes para a Política Exterior podería situarse a primeira ministra de Estonia, a liberal Kaja Kallas, en substitución de Josep Borrell.

Tamén soa o nome de Teresa Ribera como posible vicepresidenta da Comisión Europea. Todas estas negociacións abordaranse no cumio informal que comeza esta tarde en Bruxelas.

"Hai que facilitar ese consenso entre as fozas europeístas que saben que xuntos podemos abordar mellor os retos que temos por diante nun mundo moi complexo", di Teresa Ribera.

O acordo definitivo para renovar a cúpula da Unión Europea pecharase no Consello Europeo que se celebrará o 27 e 28 deste mes en Bruxelas. O novo Parlamento quedará constituído o 16 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar