Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o Reto Emprego 30 días, coa "influencer" Eva Porto en colaboración coa Xunta

Comeza o Reto Emprego 30 días, coa "influencer" Eva Porto en colaboración coa Xunta

Abordaranse as ferramentas para mellorar as oportunidades laborais

Faranse retos diarios de 15 minutos a través dun programa virtual e gratuíto

G24.gal 01/05/2022 18:00

O proceso de intentar atopar un emprego pode converterse moitas veces nunha tarefa ingrata e complicada. Por iso a Xunta iniciou un proxecto para mellorar a empregabilidade. Chámase Reto Emprego 30 días. A través dun programa en liña e coa colaboración de Eva Porto, experta en recursos humanos e creadora de contidos, vanse abordar as ferramentas imprescindibles para mellorar as oportunidades laborais.

Atopar un emprego non adoita resultar unha tarefa sinxela, pero que ademais sexa un traballo que nos guste, no que sentirse realizados pode ser todo un reto.

A creadora de contidos e experta en recursos humanos Eva Porto axuda a moitas persoas de todas as idades a intentar acadalo, nesta ocasión a través do Reto Emprego 30 días, unha campaña da Consellería de Emprego coa que colabora.

"Tes que tomar o tempo de dicir vou ter unha estratexia, vou pensar que posto quero, en que son bo, unha vez que xa sabes o que queres vas pensar en como conseguilo", di Eva Porto, orientadora laboral e creadora de contidos.

A través dun programa en liña vanse abordar as ferramentas imprescindibles para mellorar as oportunidades laborais... o uso de redes coma LinkedIn, portais de emprego, formación.

"Darnos conta de que xa non é coma antes, temos portais, redes sociais, ferramentas para obter visibilidade... É moi bo pero hai que saber utilizalas", aclara Eva Porto.

O reto tratará tamén sobre como mellorar o currículo.

"Nunca debemos poñer nada que non estea relacionado a nivel profesional. Estamos falando de emprego, todo o que estea relacionado e achegue valor, perfecto, adiante, pero senón eliminalo porque non achega nada", asegura Eva Porto.

O programa inclúe ademais servizo de orientación laboral para os participantes. Tamén consellos acerca de como enfrontarse ás entrevistas de traballo.

"Eu son psicóloga, e sei o importante que é sentirse ben cun mesmo, ter unha autoestima alta e se estás desmotivado e buscas traballo, non vas demostrar motivación na entrevista", engade Eva Porto.

Máis de 700.000 persoas seguen a diario en Instragram os seus consellos para lograr un traballo. Técnicas que trasladará neste proxecto da Xunta para mellorar a empregabilidade no que participarán unhas 11.000 persoas todo este mes de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade