A Fiscalía pide 18 anos de cadea para o acusado do crime de Chapela
A Fiscalía pide 18 anos de cadea para o acusado do crime de Chapela
Os feitos aconteceron no mes de xaneiro de 2021 e o xuízo comeza este luns en Vigo
Será o primeiro con xurado popular que se celebre nas novas instalacións da Cidade da Xustiza

Comeza en Vigo este luns, na sección quinta da Audiencia Provincial, o xuízo polo crime de Chapela acontecido en xaneiro de 2021. A Fiscalía pide 18 anos de cárcere para o acusado de asasinar o seu provedor de droga.
Segundo o relato do Ministerio Público, concertou unha cita na casa do traficante en Redondela para mercar cocaína pero, como non lle fiou a droga, atacouno polas costas e asfixiouno. Logo fuxiu co teléfono e as chaves da casa da vítima.
A Policía Nacional prendeuno dous meses despois do crime e, desde aquela, está en prisión provisional.
A vista oral contra este procesado será o primeiro con xurado popular que se celebre nas novas instalacións da Cidade da Xustiza de Vigo.