Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o treito decisivo da temporada na 1ª RFEF

Comeza o treito decisivo da temporada na 1ª RFEF

O Deportivo defende o liderado no campo do pechacancelas (18 h)

O Celta Fortuna recibe o Fuenlabrada en Balaídos (19 h, G2 e AGalega)

O Arenteiro visita Sabadell (20 h)

G24.gal 23/03/2024 14:15

10 xornadas para a conclusión. Comeza a recta final. 30 puntos para consolidar ou mellorar os obxectivos. No Celta Fortuna  con dobre ollada, os catro puntos que o separan do ascenso directo e os catro que tén de renda co sexto, para manter praza na fase.

Fredi estreáse en Balaídos sen Hugo Álvarez, xa en dinámica de primeiro equipo. A parada na primeira categoría si fai regresar a Damián. 

Na Coruña, o adestrador do líder case calca a reflexión de Fredi.

No Deportivo, os nomes propios son dous que non está. Faltan os líderes da reacción na segunda volta. Faltan Lucas Pérez e David Mella. Idiakez buscará alternativas para un once que terá diante ao cabeiro. O Raio Majadahonda demostrou hai unha semana no Espiñado que se resiste ao veredicto do descenso.

Deportivo e Arenteiro cambian rivais, Os do Carballiño visitan ao puxante Sabadell, que levou un empate e case vitoria de Riazor.

A sétima posición, esa é a brillante realidade do Arenteiro, no que o nome propio é Cristian Santos e o seu olfacto goleador. O venezolano leva 4 goles en 6 partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade