Cargando resultados...
Comeza o cambio de céspede en Balaídos
A idea é que estea para o dous de outubro cando o Celta recibe no seu estadio o Betis
G24.gal
14/09/2022 13:30
Última actualización 14/09/2022 13:36
Comeza o cambio de céspede en Balaídos. Tras os partidos co Español, Real Madrid e co Cádiz chegou o concerto de Muse e acaban de comezar os traballos de substitución do terreo de xogo.
O club vigués investirá 400.000 euros no cambio do céspede, que será unha mestura de última xeración similar ao que se plantou na cidade deportiva.
A idea é que estea para o dous de outubro cando o Celta recibe no seu estadio o Betis. Dificilmente estará para o duelo do filial celeste co Deportivo do día 25.