Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza en Ourense a rodaxe do filme 'O home e o can', de Ángel de la Cruz

Comeza en Ourense a rodaxe do filme 'O home e o can', de Ángel de la Cruz

Unha cinta que reflexiona sobre o envellecemento da poboación, o abandono do rural e a soidade na vellez

Rodada en branco e negro, a estética neorrealista fúndese co noso realismo máxico

Manuel Manquiña, Paula Chaves e Estíbaliz Veiga e Isabel son algúns dos protagonistas

G24.gal 30/03/2022 21:08

Ourense é o escenario escollido para a rodaxe da nova película de Ángel de la Cruz que leva por título 'O home e o can'. Unha historia que fala da soidade non escollida e do abandono do rural, e que se viste cunha estética monocromática nesta volta do director galego á longametraxe.

A rodaxe da película 'O home e o can' botou a andar na Cidade das Burgas con moita ilusión. Non é para menos, o seu director Ángel de la Cruz contounos que a primeira versión do guión é do ano 2014, unha unha cinta que, coma os viños, madurou lentamente.

Manuel Manquiña, Paula Chaves, Estíbaliz Veiga e Isabel Blanco son algúns dos protagonistas dun filme rodado en branco e negro. A estética neorrealista fúndese coa alma do noso realismo máxico para reflexionar sobre o envellecemento da poboación, o abandono do rural ou a soidade na vellez.

Producida por Ézaro Films e Caladiño Films e coproducida pola CRTVG, conta coa participación da Deputación de Ourense, cidade que volve converterse nun gran plató ao que hoxe acudiron autoridades políticas e do sector audiovisual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade