Galicia comeza a administrar a cuarta dose da vacina a persoas de alto risco
Estímase que nesta fase se van inxectar unhas 20.000 unidades
A estratexia contra a expansión da covid é a que decide se hai que renovar
Galicia comeza a administrar unha cuarta dose da vacina a persoas de alto risco. A inxección destas unidades de reforzo comezou este sábado na área sanitaria de Ourense.
A cuarta dose da vacina contra o coronavirus está indicada especificamente para as persoas inmunodeprimidas, de risco ou con patoloxías crónicas. Forma parte da estratexia deseñada para evitar a expansión dunha enfermidade que se ceba especialmente coas persoas máis débiles.
Estímase que en Galicia serán unhas vinte mil persoas as que necesiten esta cuarta dose da vacina. Trátase especialmente de persoas co sistema inmunitario deprimido. É o caso de receptores de transplantes de órganos, enfermos sometidos a quimioterapia ou relacionados co VIH. Pacientes de risco que hai que protexer especialmente.
En Galicia, máis do 94 por cento da poboación diana ten a dobre dose da vacina. Da valoración dos expertos dependerá se hai que continuar con novas doses na loita contra o coronavirus.