Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comesaña é favorable a avanzar cara á normalidade mantendo o principio de prudencia

Comesaña é favorable a avanzar cara á normalidade mantendo o principio de prudencia

Considera que a actual taxa de hospitalizacións permite ir dando pasos cara á normalidade.

G24.gal 01/03/2022 13:52

O conselleiro de Sanidade lamenta que a información sobre a eliminación das corentenas para contactos estreitos (independentemente de se están vacinados ou non) se dese a coñecer antes de ser aprobada na Comisión de Saúde Pública.

Xulio García Comesaña explicou que Galicia é favorable a avanzar cara á normalización sempre e cando se manteña o principio de prudencia.

 "Cada día hai persoas -traballadores sanitarios- que se visten con EPI igual que os dous últimos anos, e están toda a súa xornada coidando enfermos con covid en unidades de críticos".

O conselleiro pediu prudencia pero considera que a actual taxa de hospitalizacións permite ir dando pasos cara á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade