Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comesaña asegura que a proposta do Goberno para sanidade é parcial

Comesaña asegura que a proposta do Goberno para sanidade é parcial

O conselleiro de Sanidade di que soluciona o problema dos médicos maiores pero non a falla de prazas MIR

Jorge Martínez Galdo 02/12/2022 13:43

O conselleiro de Sanidade asegurou no Parlamento de Galicia que esta proposta do Goberno central é positiva pero parcial. Comesaña dixo que soluciona o problema dos médicos maiores, pero non o déficit de prazas MIR, un asunto que, segundo apuntou, está aprazado ata o 2024.

Doutra banda, o Sergas anuncia novas medidas de estabilización dos profesionais sanitarios. Todos os contratos de continuidade que se asinen a partir de agora terán unha duración de tres anos.

Ademais, quen estea contratado en réxime de continuidade poderá ampliar o contrato ata os tres anos ou, se o desexan, ficar cun contrato anual. Os profesionais que estean ocupando unha praza destas características na actualidade e que o fixeran durante os tres anos que durou dito nomeamento, terán a oportunidade de asinar un contrato de interinidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade