Combate nulo entre o Chaves e o Lugo (0-0)
Juanpe tivo as mellores ocasións do cadro lucense na segunda metade
O Lugo levou o trofeo na quenda de penaltis
O Lugo empatou sen goles no campo do Chaves noutro partido de preparación previo ao comezo da temporada. O Chaves ven de ascender á Primeira División e tamén está en plena construción para este esixente reto.
Foi un partido sen demasiadas oportunidades. O Lugo dispuxo das mellores no segundo tempo con dous lanzamentos de Juampe nos que puido anotar o gol do triunfo.
Mauro Pérez dispuxo un equipo titular con: Whalley; Calavera, Alberto, Neyder, Ze Ricardo; Clavería, Vidal, Señé; Baena, Barreiro e Idrissa. Na segunda parte fixo moitos trocos coa entrada de Sequeira, Torrado, Jesús, Pablo Castrín, Lebedenko, Carbó, Juanpe, Alex Ramos, Rojo e Sebas Moyano.
Na quenda de penaltis destacou o porteiro Sequeira con dúas paradas que lle deron ao Lugo o trofeo.