Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colas nas administracións de lotaría para mercar décimos do Nadal

Colas nas administracións de lotaría para mercar décimos do Nadal

En Galicia, cada persoa gasta unha media de case setenta euros no sorteo

G24.gal 18/12/2021 16:49

Sucede todos os anos. Uns días antes do sorteo do Nadal, a actividade das administracións de lotaría acelérase. Aos despachos chega clientela buscando terminacións e números imposibles de atopar a estas alturas, pero tamén moita que fía a sorte ás mans da persoa que vende os boletos.

Na administración La Favorita, da Coruña, faltou o cinco durante un mes, pero este sábado é posible mercar calquera terminación. Non sucede o mesmo noutros despachos, onde xa faltan os números con máis pretendentes.

As colas non son excesivamente longas, pero si constantes. A venda de lotería do Nadal comezou paseniño no verán e colleu velocidade hai un mes.

Non hai sorpresas, os décimos máis buscados son os que gardan datas importantes. Desta volta, tamén se pide a da erupción volcánica da Palma. 

O sorteo do 22 de decembro repartirá este ano máis de 2.400 millóns de euros en premios. En Galicia, cada persoa gasta unha media de case setenta euros en décimos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade