Publicador de contidos
Publicador de contidos

COB-Leyma Coruña: a fortaleza do Pazo contra a potencia dun líder que quere o ascenso

COB-Leyma Coruña: a fortaleza do Pazo contra a potencia dun líder que quere o ascenso

Diego Epifanio: "Ás veces aparecen xogadores secundarios que anotan ou que marcan o ritmo"

Félix Alonso: "O Pazo é un extra para nós. Xogar contra o líder é un estímulo"

G24.gal 05/04/2024 18:46 Última actualización 05/04/2024 18:57

Un COB-Leyma Coruña nunca é un partido calquera por moito que a tempada teña un cariz diferente para cada un e un matiz estratéxico distinto para os visitantes.

Diego Epifanio: "Ás veces aparecen xogadores secundarios que anotan ou que marcan o ritmo".

Os secundarios gañan partidos avisa Epifanio mirando de esguello a estatística de solvencia que avala o Club Baloncesto Ourense na súa fortaleza co xogo interior e co factor cancha a prol.

Félix Alonso: "O Pazo é un extra para nós. Xogar contra o líder é un estímulo".

Os ourensáns teñen limitada a súa marxe de erro se queren seguir tendo opcións de promocionar.

O obxectivo do COB peta coa posición de privilexio como líder e aspirante directo ao ascenso do Leyma, malia que os coruñeses procuren apartar esa realidade do escenario do partido.

"Non hai que pensar na clasificación".

Os de Epifanio xogarán mañá sabendo xa o resultado de dous dos seus inmediatos perseguidores: Tizona e Estudiantes que se enfrontan esta noite en Burgos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos