Publicador de contidos

Publicador de contidos

Co ano novo dispáranse os tratamentos para deixar de fumar

Co ano novo dispáranse os tratamentos para deixar de fumar

En 2025, a venda de medicamentos e produtos para abandonar o hábito acadou un valor de nove millóns de euros en xaneiro

Son produtos que axudan coa dependencia á nicotina, pero superar o enganche psíquico aos cigarros é tamén imprescindible

G24.gal 13/01/2026 14:43

Hai medicamentos que entran pola Seguridade Social e actúan nos receptores moleculares.

"Ao fumar o cigarro non notas a satisfacción ou pracer que produce a nicotina", explica Natalia Martínez, Farmacéutica do Milladoiro.

Tamén se venden gomas de mascar ou sprays de nicotina, que axudan a superar o craving, o momento en que sentes máis ansiedade.

Na farmacia cóntannos que son útiles para os que fuman máis de 15 cigarros ao día. Para a dependencia física. Porque ás veces, os que menos fuman teñen máis dificultade para abandonar o hábito por completo.

"É bo deixar de fumar no coche, ao andar pola rúa, ou atrasar o primeiro cigarro do día. Ao reducir o consumo de tabaco, os pacientes empezan a ter unha sensación de control que nós chamamos 'autoeficacia", cóntanos Ana López, a Coordinadora da Unidade de Tabaquismo da USC.

Chegar a cero e manterse é o máis difícil. O truco de comunicar socialmente a decisión non sempre é beneficioso.

 "Ás veces pódenche dicir cousas como pero aínda estás fumando, non o ías deixar. Ese tipo de comentarios son moi negativos para a motivación", lamenta Ana López, a Coordinadora da Unidade de Tabaquismo da USC.
 

En conclusión, os medicamentos axudan, pero ir gañando terreo aos poucos tamén é unha boa estratexia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade