Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez negocia a súa renovación co Celta: “Estou onde quero estar”

Claudio Giráldez negocia a súa renovación co Celta: “Estou onde quero estar”

O técnico porriñés, que descarta ao Bayern Leverkusen, explicou que desde maio mantén conversacións coa presidenta e o director deportivo

G24.gal 03/09/2025 19:54 Última actualización 03/09/2025 20:08

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, quixo resolver os rumores que nos últimos días situábano como candidato para dirixir ao Bayern Leverkusen. O técnico celeste deixou claro que a súa única intención é seguir á fronte do conxunto vigués e que xa está en conversacións coa directiva para ampliar o seu contrato, vixente ata xuño de 2026.

“Quero tranquilizar a xente. Estou onde quero estar”, afirmou Giráldez.

O técnico explicou que desde maio mantén conversacións coa presidenta e o director deportivo co obxectivo de prolongar o seu vínculo co club.

“Agora temos contrato ata 2026 e a idea é amplialo. O outro son só comentarios que non saen de min”, engadiu, descartando así calquera posibilidade de marchar a Alemaña.

O porriñés participou nunhas xornadas de apoio ao comercio local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar