Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio sobre a polémica con Manolo González: "Non sei se está enfadado comigo"

Claudio sobre a polémica con Manolo González: "Non sei se está enfadado comigo"

O Celta chega coa necesidade de recuperar sensacións tras varios encontros sen coñecer a vitoria

Matías Vecino podería ter os seus primeiros minutos ou mesmo ser titular

G24.gal 13/02/2026 12:49 Última actualización 13/02/2026 14:07

O Celta visita mañá o Español en Barcelona, nun partido marcado pola igualdade na táboa e polo recente cruzamento de declaracións entre os seus adestradores.

Con só un punto de diferenza entre os dous equipos, o encontro preséntase como unha oportunidade clave para reafirmar aspiracións e cortar dinámicas irregulares nun momento decisivo da tempada.

O conxunto dirixido por Claudio Giráldez chega coa necesidade de recuperar sensacións tras varios encontros sen coñecer a vitoria. A mellora como visitante converteuse nun dos grandes retos do equipo celeste, que precisa dar un golpe enriba da mesa nun campo esixente.

O técnico vigués insistiu durante a semana na importancia de competir con personalidade e evitar erros nas áreas, clave nos últimos resultados.

O partido chega tamén condicionado pola tensión verbal das últimas semanas. Tras o último duelo entre ambos, Giráldez mostrouse crítico coa formulación do Español, cualificándoo de excesivamente conservador.

"Non se se está enfadado comigo. Cáeme ben, temos boa relación, amigos en común"

Desde o entorno catalán, a resposta non tardou en chegar, defendendo a súa proposta e cuestionando a lectura feita desde Vigo.

Esta mañá, o técnico galego do Español, non quixo polémicas con Giráldez

​​​​"Non vou merterme en máis charcos. Non vou valorar opinións que non sexan miñas"

As declaracións cruzadas engaden un compoñente emocional a un partido que xa de por si era relevante na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade