Publicador de contidos

Publicador de contidos

Clase maxistral de Paula Ginzo nunha nova vitoria do Ensino

Clase maxistral de Paula Ginzo nunha nova vitoria do Ensino

Derrotaron con moita claridade o Bembibre (84-62), co que igualan con dez triunfos

G24.gal 25/02/2023 21:33

16 puntos, 8 rebotes, 5 asistencias e 29 de valoración. Uns números que poucas xogadoras poden igualar na Liga Feminina. Foi a carta que asinou Paula Ginzo no triunfo do Ensino diante do Bembibre, o décimo da temporada e co que poñen tres de marxe con relación ao descenso. 

Desde o inicio viuse un Ensino moi metido no partido. Xa no primeiro cuarto colleu unha marxe de dez puntos (23-13) que se mantivo ata o descanso (42-32). 

O terceiro cuarto foi o que decidiu o partido coas luguesas embaladas e marchando mesmo por riba dos vinte puntos de diferenza. O público gozou cun triunfo que mantén a boa serie de resultados pois esta é a cuarta vitoria nos cinco últimos encontros. 

A Ginzo acompañárona Roundtree (14 puntos), Olaeta e Prieto (13 puntos). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos