Cinco goles viron en Ferrol, un rexistro que non se conseguía desde había cinco décadas
O partido contra o Albacete (5-4) será lembrado pola efectividade e o xogo ofensivo dos dous equipos
A última vez que o Racing marcou cinco goles nun partido xogado en Ferrol en Segunda foi na temporada 69-70
Cando enfocabamos o marcador moi preto do asubío final, A Malata coreaba un nome: Sabin Merino. Sucedeu algo máxico. Nove goles. Invicto na Malata. Sete xornadas seguidas na Liga sen perder. Quinto clasificado. E sen embargo houbo autocritica no vestiario.
Este Racing exhibe ambición. Marca o Albacete no minuto dez. Expúlsanlle a Ros no minuto 20 por esta falta. O Racing empata no minuto 30 cun golazo espectacular de Señé. E logo, na segunda metade, marca o Albacete e aparece esa dose superior de fabular da que moitas veces falaba Cunqueiro, un dos nosos escritores do realismo máxico. Porque neste fútbol actual tan cuadriculado, responde o Racing con dous goles.
Empata o equipo visitante. E volve responder con outros dous tantos, dous de Sabin Merino, o dianteiro que ata o momento non marcara ningún. Ningún en 16 partidos anteriores en que tivo minutos. E onte tres goles, 5-3 no minuto 94. E aínda houbo un gol máis do Albacete. Incrible, fabuloso para os afeccionados deste imparable autocrítico.