Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco detidos por un alixo de 200 quilos de cocaína no porto de Vigo

Cinco detidos por un alixo de 200 quilos de cocaína no porto de Vigo

A droga estaba oculta nun buque procedente de Suramérica

Un dos arrestados estaría relacionado co comiso dunha tonelada de cocaína de hai un ano vinculado coa mafia albanesa

Europa Press Europa Press
G24.gal 13/01/2026 20:39

A Policía detivo cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200 quilos de cocaína, que foi localizado nun contedor, nun buque que arribou nas últimas horas ao Porto de Vigo.

Os detidos son persoas de nacionalidade estranxeira (albaneses) e estarían relacionados co achado desa partida de cocaína, que chegou nun buque portacontedores á terminal viguesa este luns. O barco viaxaba desde Suramérica na chamada 'ruta da froita'.

Tanto a Policía como o Servizo de Vixilancia Aduaneira estaban pendentes da chegada do barco, ante as sospeitas de que existise o cargamento ilícito. A investigación está coordinada polo xulgado de instrución 8 de Vigo.

Dáse a circunstancia de que hai un ano, a Policía frustrou a entrada de 1.250 quilos de cocaína, vinculados coa mafia albanesa, a través do Porto de Vigo. A droga viaxou desde O Ecuador nun portacontedores e nese operativo, no que se detiveron 9 persoas (albaneses e belgas), participaron axentes infiltrados.

Polo menos una das persoas detidas agora, estaría relacionada co alixo intervido nesa operación de xaneiro de 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade