Cargando resultados...
Cigarróns e comparsas toman Verín no día grande de Entroido sen desfile
Cigarróns e comparsas toman Verín no día grande de Entroido sen desfile
G24.gal
27/02/2022 17:40
A festa non decae en Verín malia que se decidiu suspender debido á pandemia o desfile oficial pola vila que se celebra tradicionalmente o domingo de Entroido.
Pero os veciños teñen ganas de troula e festa, así que a xente botouse á rúa e pola praza maior desfilan centos de cigarróns, comparsas e charangas que poñen o ritmo e causan a ledicia de veciños e visitantes.
Os establecementos da vila encheron as mesas á hora de xantar coa comidas típicas de Entroido: cacheira, lacón, orella e outros manxares.