Cargando resultados...
CIG-Ensino esíxelle a Educación que negocie todas as prazas dos procesos selectivos para docentes
O sindicato maioritario no ensino galego esixe axilidade e transparencia nas cifras da oferta, tanto de concurso como de oposición
G24.gal
12/01/2022 14:58
CIG-Ensino pídelle á Consellería de Educación que negocie as prazas dos procesos selectivos para docentes convocados para este ano. O sindicato maioritario no ensino galego esixe axilidade e transparencia nas cifras da oferta, tanto de concurso como de oposición.
Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino explicaba: "Ofertas amplas de emprego? Si, pero non podemos negociar por partes: queremos ver todas as cifras enriba da mesa, e que nos digan con que criterios imos fixar as prazas do concurso".