Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a Madrid o segundo grupo de integrantes da flotilla a Gaza expulsados por Israel

Chega a Madrid o segundo grupo de integrantes da flotilla a Gaza expulsados por Israel

Dos 49 españois que ían na flotilla, 21 volveron o domingo e outros 27 chegaron este luns en voos a Madrid, Bilbao e Barcelona

Só queda en Israel unha activista acusada de morder un funcionario durante o recoñecemento médico

Catro activistas da Flotilla que chegaron este luns a Bilbao. EFE/Luis Tejido Catro activistas da Flotilla que chegaron este luns a Bilbao. EFE/Luis Tejido
G24.gal 06/10/2025 23:37 Última actualización 06/10/2025 23:53

Os integrantes da flotilla a Gaza expulsados por Israel aterraron arredor das 23.10 horas deste luns no aeroporto de Baraxas, en Madrid, a bordo dun avión militar do Exército do Aire fretado polo Goberno español.

En total, viaxaban 27 persoas, segundo fontes do Ministerio de Asuntos Exteriores.

A aeronave trasladou aqueles que “voluntariamente” quixeron aproveitar esta opción, así como outras persoas doutros países da Unión Europea.

Dos 49 cidadáns españois que viaxaban na flotilla interceptada por Israel a semana pasada, 21 regresaron o domingo e outros 27 fixérono esta noite desde Atenas en distintos grupos, con voos directos a Madrid, Bilbao e Barcelona.

 Fontes diplomáticas israelís confirmaron previamente que todos os cidadáns españois que permanecían detidos abandonaran xa Israel, agás unha integrante que deberá comparecer o mércores ante a Policía acusada de morder o domingo un funcionario da prisión durante un recoñecemento médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade