Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega á hostelería galega a semana laboral de catro días

Chega á hostelería galega a semana laboral de catro días

Un restaurante de Lugo leva anos aplicando este sistema para facilitar a conciliacións dos traballadores

G24.gal 23/03/2023 14:32

Os empresarios da hostalería teñen cada vez máis complicado contratar persoal cualificado debido, sobre todo, a que é un sector con horarios esixentes que dificultan a conciliación. Para mellorar a situación, xa hai en Galicia restaurantes e establecementos que se animan a establecer a semana laboral de catro días.

En segundo que cousas, para que uns gocen, outros teñen que traballar. Iso pasou sempre e en moitos sectores, pero no da hostalería representa un atranco para contratar persoal. Alejandra Jato, responsable dunha oficina de contratación temporal, di que moita xente foxe do sector da hostalería.

Horarios esixentes e poucas fins de semana libres que dificultan a conciliación. Os empresarios buscan solucións. Alejandra Jato di que propoñer unha xornada máis curta ou melloras salariais repercuten evidentemente na satisfacción do traballador e fai que empregados, empresario e clientes estean máis satisfeitos. 

Pablo traballa nun restaurante de Lugo. A súa semana laboral comeza o xoves e remata o domingo, e está moi a gusto. Di que non ten ningunha intención de cambiar de empresa. Quedan tres días para descansar. "É o que buscamos todos".

O seu xefe sempre o tivo claro. Por iso funcionan con esa xornada dende que abriron.  Norberto Rodríguez di que os traballadores están máis contentos e opina que o futuro no sector pasa por establecer medidas conciliadoras para que a xente non fuxa da hostalería. 

A redución da semana laboral, concentrando as horas en menos días, é unha opción que empeza a coller folgos e xa con percorrido noutros países europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade