Publicador de contidos

Publicador de contidos

Charles despídese este mércores do fútbol cunha homenaxe en Pasarón

Charles despídese este mércores do fútbol cunha homenaxe en Pasarón

O partido comezará ás 19:30 e enfrontará a excompañeiros do xogador brasileiro no Pontevedra e no Celta

G24.gal 30/05/2023 20:33

Este mércores habería un partido homenaxe a Charles en Pasarón a Charles. O domingo ante o Dépor foi o seu último partido oficial. Alí recibiu o cariño de toda a afección granate e dos seus compañeiros que lle fixeron un corredor ao saír do campo.

Pero será o mércores cando o club homenaxeará o dianteiro cun partido entre amigos. Exxogadores e excompañeiros da súa etapa no Celta e no Pontevedra disputarán un encontro de despedida. Charles estará acompañado entre outros polos seus curmáns Yuri e Igor, ou Martín Ragg, no bando do Pontevedra e polo do Celta estarán entroutros Mario Bermejo, Pablo Couñago ou Jonathan Aspas. O partido comezará ás sete e media.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos