Publicador de contidos

Publicador de contidos

César Souto presenta o poemario 'A Herdade'

César Souto presenta o poemario 'A Herdade'

A Herdade, da Editorial Galaxia, é o terceiro libro de poesía do xornalista, documentalista e poeta noiés

 O autor enfronta a poesía dende a apertura dos sentidos ao tempo que amosa un gran dominio das posibilidades da linguaxe

G24.gal 03/03/2022 08:29

Máis alá das dos elementos materiais que pasan de xeración en xeración, a herdanza pode ter un sentido amplo que se vencella co presente intanxible que nos ven dado. Así no lo conta no seu terceiro libro de poemas o noiés César Souto, que acaba de publicar 'A Herdade' na editorial Galaxia.

A través das palabras, e cunha escrita moi fiada, o autor debulla unha realidade que pode crear ou transformar habilmente no transcorrer dos versos.

A cuberta do libro é unha reprodución dun debuxo do sistema neuronal do médico italiano Camilo Golgi, investigador e gañador en 1906 do Premio Nobel de Medicina xunto con Santiago Ramón y Cajal.

Na actualidade, Souto está a traballar nun proxecto documental sobre a obra do poeta americano Wallace Stevens.

"A Herdade", publicado pola editorial Galaxia, e o terceiro poemario do noiés César Souto
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos