Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta cae 1-2 ante un Osasuna máis eficaz e baixo o diluvio de Balaídos

O Celta cae 1-2 ante un Osasuna máis eficaz e baixo o diluvio de Balaídos

Marcou Budimir de cabeza no minuto 35 tras un gran centro de Raúl Moro

Empatou de penalti Borja Iglesias nada máis comezar a segunda parte 

Raúl García logrou o tanto da vitoria no minuto78

G24.gal 06/02/2026 21:26 Última actualización 06/02/2026 23:02

Matías Vecino comezou no banco o partido que o seu equipo disputa esta noite contra Osasuna en Balaídos, onde o técnico rojillo, Alessi Lisci, apostou por Iker Muñoz e Aimar no dobre pivote.

Óscar Mingueza e Aspas tamén empezaron no banco. O seu adestrador, Claudio Giráldez, situou a Javi Rueda e Sergio nas bandas, mentres que Hugo Álvarez foi o elixido para acompañar a Fer López e Borja Iglesias na liña de ataque.

Empezou o partido e empezou a chover en Vigo con intensidade. O Celta arrincou mellor con control do xogo e unha boa oportunidade de Javi Rodríguez. O de Poio entrou na área e lanzou alto.

Con todo, as mellores chegaron en catro mintos. A primeira, gran xogada do Celta, que finalizou cun remate cruzado no un contra un o ourensán Hugo Álvarez. Despexou no chan Herrera coas dúas pernas. A seguinte foi un remate alto de Borja Iglesias tras un centro medido de Javi Rueda.

No minuto 30, malas novas para Osasuna. Entrou Jorge Herrando no lugar do lesionado Enzo Boyomo debido a una lesión.

O Celta xogaba mellor, pero o Osasuna marcou na súa primeira chegada. Centro desde a dereita de Raúl Mouro e remate de cabeza de Ante Budimir, que lle gañou a partida a Starfelt no salto. Era o minuto 35.

Así finalizou a primeira parte. Os navarros marcaron no seu único disparo. Os de Giráldez tiveron máis posesión e dispararon máis, ata seis veces, pero a pólvora estaba mollada.

Nada máis comezar a segunda parte, o colexiado Munuera Montero pita penalti por man de Catena a tiro de Borja Iglesias. Lanzou o propio xogador santiagués e logrou o empate. Noveno tanto do Panda esta tempada.

O Celta puido adiantarse nun rápido contragolpe conducido por Borja Iglesias pero que non rematou con puntería Javi Rueda, minuto 65.

Ubn minuto despois, Claudio Giráldez fixo os primeiros trocos: entraron Mingueza e Williot e marcharon Javi Rueda e Hugo Álvarez.

Precisamente o dianteiro sueco tivo o segundo tanto celeste nunha gran acción individual que atopou unha gran resposta de Sergio Herrera.

O Celta non aproveitaba as súas ocasións e o Osasuna non podía ser máis eficaz. Segunda chegada en todo o partido e segundo gol. Marcou no 78 Raúl García nunha xogada mal defendida polo Celta.

A saída de Jones deulle máis profundidade aos de Giráldez. Un centro medido do noruego rematouno moi ben Iago Aspas pero Sergio Herrera volveu rexeitae o esférico.

Despois foi Aspas que centrou pero a cabezada de Jutglá foise alto

Así finalizou o encontro, cunha derrota inxusta do Celta que queda con 33 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade