Claudio convoca a Vecino e non a Sotelo: "Non quero que saia de aquí nin nada parecido"
Vecino entra na convocatoria porque "está para xogar e con bo ritmo"
Non comparte as críticas á Bryan Zaragoza: "As opinións hai que manifestalas con respecto, sen xerar odio"
Real Club Celta de Vigo chega ao duelo ante o Osasuna en Balaídos nun momento de transición na liga. O conxunto de Claudio Giráldez ocupa posicións europeas, coa sétima praza na táboa e a ambición de seguir sumando para seguir preto dos postos de UEFA, aínda que nas últimas xornadas non conseguiu manterse firme no marcador.
Un dos feitos máis sinalados do mercado de inverno foi a saída de Bryan Zaragoza. O extremo malagueño, que chegou cedido polo F. C. Bayern de Múnic a pasada tempada e disputou 26 partidos coa camiseta celeste, puxo fin á súa etapa en Vigo para fichar pola AS Roma en forma de cesión con opción de compra.
"Achegou moito. As opinións se poden expresar con respecto e sen xerar odio. Está normalizado xerar odio"
Para compensar baixas e reforzar ao equipo, o Celta tamén incorporou xogadores no mercado: a chegada de Matías Vecino fortalece o centro do campo achegando experiencia e equilibrio. O uruguaio xa entra na convocatoria, da que queda fóra Hugo Sotelo.
"Non hai que darlle máis voltas, falei con e confiamos nel. Non ten que chegar coa chegada de Vecino. Non quero que saia de aquí e punto".
Tamén chegaron Fer López e Álvaro Núñez e traballouse ata o último momento para mellorar o equipo neste tramo decisivo da tempada.
Coa ausencia de Zaragoza nas bandas, a responsabilidade ofensiva recaerá máis se cabe en xogadores como Borja Iglesias ou os talentos novos que mostraron faíscas de calidade. Mañá, ante un Osasuna con dificultades para manter a regularidade, o Celta tentará facerse forte en Balaídos, aproveitar o seu momento na clasificación e compensar as saídas cun xogo máis sólido e directo cara á portería rival.
👥 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 ⋄ #CeltaOsasuna
— Celta (@RCCelta) February 5, 2026
🆕 Primeira convocatoria oficial de Matías Vecino co Celta en @LaLiga. pic.twitter.com/2U05WN5HQr