Unha vitoria do Celta para seguir soñando con Europa (3-1)
Hugo Álvarez e Iago Aspas acertaron nas dúas primeiras ocasións do partido
André da Silva recortou diferenzas a dez minutos do final, pero Borja Iglesias puxo as cousas no seu sitio
O Celta volve gañar despois de tres derrotas
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos. Celta-Elxe. Este é o XI inicial do equipo de CLaudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaElche ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/SEWUIaoTcY
— Celta (@RCCelta) May 3, 2026
E este é o XI inicial do Elxe
𝐍𝐮𝐞𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐗𝐈 ⚔️💚#CeltaElche pic.twitter.com/KnHcVzyTsw
— Elche Club de Fútbol (@elchecf) May 3, 2026
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Elxe
GOOOOOOOOOOOL do CELTAAAAAAA!!!! Rouba na área Javi Rueda, e asiste a Hugo Álvarez para que abra a conta na primeira ocasión do Celta!!!1-0 en Balaídos
GOOOOOOOOL do CEEELTAAAA!!Efectividade máxima do equipo vigués, que amplía a renda cun remate axustado de Iago Aspas desde a frontal!!!Celta 2-0 Elxe
Cabezada de Affengruber á saída dun córner que marcha desviada
Volve avisar o Elxe con outra cabezada, desta voltas de Álvaro, que marcha desviada
E volve avisar o Elxe. A cabezada de John tamén sae desviada por pouco
Outro remate de André, sen problemas para Radu
Descanso en Balaídos. Gran resultado para o Celta, cos goles de Hugo Álvarez e Iago Aspas
Xa está en xogo a segunda metade en Balaídos, con vantaxe do Celta 2-0
Remata cruzado Jutglá, e saca a man Dituro para enviar a córner!!
2-1 Gol de penalti de André da Silva. Cometeuno Manu Fernández sobre o propio dianteiro portugués. Hai emoción para os últimos minutos en Balaídos
3-1 GOOOOOOOOL DE BORJA IGLESIAS. O Panda non perdoa na área e certifica o triunfo vigués cun remate cruzado