O Boloña remonta o gol inicial do Celta para gañar 1-2
Os de Claudio Giráldez céntranse agora na viaita a Balaídos do Athletic
Foto EFE
O Celta chegaba recuperado da mala serie tras conseguir a vitoria ante o Real Madrid no Bernabéu por 0-2. Os celestes afrontaron o partido despois de caer fronte o Ludogorets na última xornada da Europa League. O Bolonia chegaba a Balaidos ante o Celta despois de gañar 4-1 ao Salzburgo
Os primeiros minutos foron de máis dominio dos italianos. Con todo, o Celta aproveitou a súa primeira ocasión. Foi tras unha gran xogada de Williot que lle cedeu o balón a Bryan Zaragoza para que este marcase a pracer.
Minutos despois os italianos puideron marcar tras un erro clamoroso de Starfelt que Rowe non aproveitou. A tres minutos do descanso, o Boloña gozou doutra gran ocasión. No man a man entre Castro e Radu, gañou a partida o romanés cun paradón.
Comezou a segunda parte cun troco. Quedou no banco Bryan Zaragoza e entrou Hugo álvarez.
Seguiu insistinto o Boloña que logrou empatar no minuto 58 pero o VAR anulou o tanto por fóra de xogo. Pero case na seguinte xogada empatou Bernardeschi desde el punto de penalti tras unha nova revisión do VAR.
O Boloña estaba mellor no campo e logrou o premio da remontada con outro tanto de Bernardeschi no minuto 75.
Malia os trocos, o Celta non tivo ocasións para empatar e sufriu a terceira derrota en competición europea.
A seguinte cita do Celta volverá ser en Balaídos ante o Athletic.