Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro novos casos da variante ómicron en Mallorca, 6 en total na illa balear

Catro novos casos da variante ómicron en Mallorca, 6 en total na illa balear

Tres corresponden a unha mesma familia

O cuarto é un viaxeiro que chegou de Suráfrica

G24.gal 06/12/2021 19:27

Hai catro novos casos confirmados de ómicron en Mallorca. Tres corresponden a unha mesma familia e un cuarto é un viaxeiro que chegou de Suráfrica.

En total xa son seis casos desta variante detectados na illa, pero nas Baleares non hai polo momento transmisión comunitaria, segundo confirmou o departamento de Saúde.

Os expertos sinalan que, previsiblemente, haberá máis casos nos vindeiros días. Piden extremar as precaucións e que, ante calquera síntoma, se poñan en contacto co seu centro de saúde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar