Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mortos, dous adultos e dous menores, no incendio dun local en Barcelona

Catro mortos, dous adultos e dous menores, no incendio dun local en Barcelona

Outras catro persoas quedaron feridas por inhalación de fume e foron trasladadas ao hospital

Os Mossos d'Esquadra investigan as circunstancias do incendio

G24.gal 30/11/2021 09:18

Os feitos aconteceron contra as seis da mañá, cando os bombeiros foron alertados dun incendio nun local da céntrica praza de Tetuán.  

Cando entraron nel puideron escoitar berros de auxilio. Eran catro persoas que se refuxiaran no patio e que a pesar de sufrir xa intoxicación por fume puideron ser rescatadas a tempo.

Peor sorte tiveron outras catro que estaban na parte máis afectada polo lume. Foron evacuadas inconscientes, pero non foi posible xa reanimalas. Das catro vítimas mortais, dúas son nenos de 1 e 3 anos. 

O local incendiado é unha antiga oficina bancaria que desde hai dous anos ocupaban varias familias de orixe romanesa. 

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, lamentou a traxedia acontecida e dixo que si tiñan constancia de que había problemas de convivencia no local ocupado.

De feito, unhas horas antes, os Mossos tiveran que acudir a el por unha nova liorta aínda que, de momento, non hai evidencia de que esta teña relación ningunha co incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade