Catro persoas falecen nunha colisión frontal en Torralba de Ribota (Zaragoza)
Catro persoas falecen nunha colisión frontal en Torralba de Ribota (Zaragoza)
No accidente morreu o único ocupante dun dos turismos e os tres ocupantes do outro, un matrimonio e o seu fillo menor

Catro persoas faleceron logo de bateren de fronte dous coches que circulaban pola N-234 no termo municipal de Torralba de Ribota, en Zaragoza. Despois do choque, os vehículos incendiáronse.
O accidente tivo lugar pouco despois das nove da noite á altura do quilómetro 268 da devandita estrada por causas que se determinarán na instrución das correspondentes dilixencias, informou a Garda Civil.
No sinistro faleceron o condutor e único ocupante dun dos turismos e os tres ocupantes do outro, un matrimonio e o seu fillo menor de idade.
No operativo participaron bombeiros da Deputación de Zaragoza, do parque de Calatayud, que extinguiron o lume e colaboraron nos labores de extracción dos corpos.
