Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro equipos máis confirman a súa presenza n'O Gran Camiño

Catro equipos máis confirman a súa presenza n'O Gran Camiño

Euskaltel, Burgos BH, Caja Rural e Kern Pharma estarán na gran volta por etapas galega

G24.gal 07/02/2023 21:09

Catro clásicos do pelotón español confirmaron a súa presenza n'O Gran Camiño, a volta por etapas que percorrerá Galicia do 23 ao 26 de febreiro e que se poderá ver pola G2. 

Euskaltel, Burgos BH, Caja Rural e Kern Pharma engádense á lista de equipos que xa se anunciaran con anterioridade. 

Para este ano, a gran novidade na proba será a presenza do Jumbo Visma, o mellor equipo do mundo, que contará coa presenza do último gañador do Tour de Francia Jonas Vindegaard como grande estrela. Tampouco faltarán o Movistar, o Astana ou o Cofidis, todos eles equipos Pro Tour. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar