Catro detidos nun amplo dispositivo da Garda Civil en Ourense
Estanse facendo rexistros na céntrica rúa Sáenz Díez
Non transcendeu o delito ou delitos que se lles atribúen aos detidos

A Garda Civil despregou este martes un amplo dispositivo no centro da cidade de Ourense, no marco dunha operación en que hai polo menos catro persoas detidas.
Fontes da Comandancia e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sinalan que se están levando a cabo entradas e rexistros nun garaxe á altura do número 42 da rúa Sáenz Díez, co apoio do equipo canino da Garda Civil e de helicópteros.
Polo momento non transcendeu o delito ou delitos que se lles atribúen aos detidos. A investigación, coordinada por un xulgado de Bande está baixo segredo do sumario.
Dentro da mesma operación axentes da Policia Xudicial realizaron rexistros a primeira hora nun edificio da rua 2 de Maio de Xinzo e a continuación inspeccionaron tamén unha vivenda na rua Curros Enríquez, con apoio por aire tamén de dous helicópteros.