Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispárase a presión hospitalaria en Galicia tras o ingreso de 40 persoas

Dispárase a presión hospitalaria en Galicia tras o ingreso de 40 persoas

Hai 394 doentes en planta e 55 nas unidades de coidados intensivos

O Sergas notificou a morte de dúas persoas en Pontevedra e Santiago

G24.gal 09/01/2022 09:55 Última actualización 20:50

Remataron as festas e agroman os casos, como xa sucedera o inverno pasado. Galicia suma este domingo 5.585 contaxios, a terceira cifra máis alta desta vaga.

Vigo é a área sanitaria máis prexudicada, con 1.743 contaxios nas últimas horas, pero todas subiron respecto ao día anterior. A Coruña achégase aos 1.000 casos novos.

Santiago rexistra 733 e Ourense volve chegar aos 700. Lugo notificou a cifra máis alta desta vaga, con 581 casos; Pontevedra computou 517, e Ferrol detectou 320. 

Casos activos

Con esta cifra de positivos novos, facilitada polo Sergas, o número de casos activos dispárase e sitúase nos 65.335, 2.642 máis ca na xornada anterior. As áreas sanitarias de Vigo, A Coruña e Santiago seguen a ser as máis afectadas, pero todas rexistran subas:

-Vigo: 14.851 (+1.106) 
-A Coruña: 12.286 (+482) 
-Santiago: 11.653 (+181) 
-Ourense: 8.089 (+283)
-Pontevedra: 7.689 (+159) 
-Lugo: 6.620 (+309)
-Ferrol: 4.147 (+221) 

Cidades con máis contaxios

Os concellos que suman máis positivos na última semana son:

-Vigo: 2.961 (+97) 
-A Coruña: 2.384 (-109)
-Ourense: 1.729 (+85) 
-Lugo: 1.255 (+8) 
-Santiago: 973 (-94) 
-Pontevedra: 822 (-31) 
-Ferrol: 670 (-53) 

Presión hospitalaria

Tamén empeora de xeito considerable a presión hospitalaria. Hai 36 doentes máis en planta e catro máis nas unidades de coidados intensivos.

En total, 449 persoas diagnosticadas coa covid–19 permanecen ingresadas nestes momentos nas distintas áreas sanitarias, 55 delas nas UCI. 

Segundo Sanidade, o 60 % de pacientes que están en coidados intensivos son persoas non vacinadas. Apenas o 6 % da poboación galega que está sen vacinar aínda está xerando máis do 60 % dos ingresos nas UCI.

Cifra estable

Precisamente nestas unidades a cifra de pacientes (55) mantense bastante estable na sexta vaga. O ano pasado a estas alturas había 63, pero rematado xaneiro superáronse os 250 críticos. Daquela a maioría da poboación estaba aínda sen vacinar. 

Tampouco é comparable a cifra de persoas coa enfermidade que temos agora, 65.335, con respecto á de hai un ano, 7.392. Porcentualmente daquela ingresaba máis xente infectada.

Falecementos

Nas últimas horas, o Sergas notificou a morte de dous homes coa covid–19, de 90 e 84 anos respectivamente, en Pontevedra e Santiago. Padecían patoloxías previas. Dende o inicio de ano, faleceron un total de 52 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade