Case o 50 por cento dos autónomos reduciron facturación en 2022
Son datos do XVI Barómetro da Federación ATA, con máis de mil enquisas realizadas
O 95,2 % refiren un aumento dos gastos, e case o 60 % afirman que subiron os prezos
O 95 por cento dos autónomos viron este ano como lles encarecían os custos, a maioría calculan que entre un 10 e un 15 por cento. Case o 50 por cento admite que perdeu facturación.
Son datos do décimo sexto barómetro da Federación de Autónomos, que recolle as opinións de máis de mil asociados.
Din que esperaban que este fora o ano da recuperación tras da pandemia, pero a inflación e o encarecemento de carburantes e materias primas reduciu as marxes de beneficio. E advirten de que a situación pode empeorar o ano que vén: máis do 35 % conta con perder negocio, e case o 13 % reducirá persoal.
O 65 % dos consultados prevé ter que subir os prezos para resistir.