Publicador de contidos

Publicador de contidos

Durante o ano 2022 producíronse case 100 accidentes na A-55

Durante o ano 2022 producíronse case 100 accidentes na A-55

O treito Vigo-O Porriño é onde se producen máis sinistros

G24.gal 16/03/2023 14:24

A autovía A-55, unha das máis perigosas de España, rexistrou preto dun cento de accidentes con feridos durante o ano pasado.

Nin os límites de velocidade nin os radares instalados conseguen acabar coa sinistralidade desta vía que enlaza Vigo con Tui, unha das máis perigosas de España por número de accidentes. O ano pasado houbo 98 accidentes con case douscentos feridos.

Iso sen contar as pequenas colisións con só danos materiais. Na maioría dos casos relacionados coa velocidade nunha vía que ten zonas limitadas a 60. Hai só un mes, un home faleceu nesta estrada ao seu paso polo concello do Porriño. 

En 2022 houbo 23 accidentes máis na autovía A-55 que no ano anterior; a maior parte entre Vigo e O Porriño.

Con todo, son cifras máis baixas que en 2019, antes da pandemia, cando houbera 136 sinistros nunha estrada que está entre as máis perigosas de España. Entre as causas máis habituais están a velocidade inadecuada e non respectar a distancia de seguridade.

Nos últimos catro anos, dúas persoas faleceron nesta estrada e máis de 700 resultaron feridas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade