Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Carvalhal ve con optimismo o partido contra o Almería e fala do seu futuro
O técnico ve nun bo estado aos internacionais
Ábrese a unha posible renovación se todo o mundo está contento ao final da temporada
                            G24.gal
                        
                            01/04/2023 14:41
                        
                        
                        
                        
                    
                    En menos de 24 horas o Celta volve á competición ligueira contra o Almería, logo da parada polos compromisos das seleccións. Logo dunha sesión de traballo na que non había moita visibilidade en Afouteza, Carvalhal falou da súa renovación. Afirmou que está aberto a seguir en Vigo "se todos estamos contentos", despois de rematar a Liga.
O técnico do Celta amosouse tamén moi satisfeito co traballo dos seus xogadores durante a parada, cando puido "mellorar moitas cousas no equipo". Por iso agarda un bo encontro diante do Almería. Respecto dos xogadores que marcharon coas súas seleccións, tamén os viu "moi ben".