Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal: "Non é a vida ou morte, iso non existe no fútbol. Vida ou morte é Ucraína"

Carvalhal: "Non é a vida ou morte, iso non existe no fútbol. Vida ou morte é Ucraína"

O técnico do Celta espera a chegada dunha incorporación neste mercado

Foto @RCCelta
G24.gal 05/01/2023 14:22 Última actualización 05/01/2023 14:37

O adestrador do Celta, Carlos Carvalhal, comentou esta mañá, na previa da visita ao Elxe no primeiro partido de liga do 2023, que espera a chegada dunha incorporación neste mercado, deixando claro que é posible que se produza.

"Creo que hai posibilidade de fichaxe e de manexar as cousas para tentar que se incorpore un xogador. Está na man de Luis (Campos) e confío moito en el", subliñou o técnico.

En calquera caso, tamén respondeu afirmativamente á pregunta de se hai equipo suficiente para salvarse no caso de que non se concrete esa ansiada fichaxe.

"Son o adestrador deste equipo e creo que con estes xogadores, imos gañar mañá. Non está prevista ningunha revolución de saída e entrada de xogadores, confiamos nestes, que teñen que estar á altura do Celta".

"Para o partido imos estar preparados fisicamente. No anímico vexo que a actitude competitiva e boa e o equipo está unido".

Sobre a importancia do encontro, foi claro:

"Non é unha final. Isto é un maratón. Despois do partido, haberá vida para os dous, con moitos puntos e moita competición por diante".

"Non é a vida ou morte, iso non existe no fútbol. Vida ou morte é Ucraína".

A presión "é sempre a mesma". Ademais, mostrou o seu apoio a Agustín Marchesín:

"Ten toda a nosa confianza e mañá queremos que toda a xente estea cunha mentalidade forte".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade