Carvalhal: "Melloraremos na parada. Imos ser un equipo que anime a Liga"
O adestrador valorou moi positivamente o empate en Vallecas: "En termos psicolóxicos, axúdanos moito saír do descenso"
Tamén enxalzou a figura de Aspas: "Correu moitos riscos para axudarnos 30 minutos"
Interesantes reflexións as que deixou Carlos Carvalhal unha vez rematado o partido do Celta. O adestrador valorou moi positivamente o punto: "Viuse un equipo que demostrou unha actitude competitiva moi forte. Defendemos moi ben e tivemos varias situacións nas que podiamos conseguir gol". Para o de Braga: "O punto é moi importante psicoloxicamente porque saímos do descenso".
Agora afrontará a parada. Carvalhal asegura: "Imos mellorar moito a calidade do xogo. Seguro que nos podemos converter nun equipo dos que anime a Liga".
O técnico portugués non quixo deixar pasar a oportunidade de enxalzar a Iago Aspas: "Correu moitos riscos xogando este partido. Tiña un problema, pero no quecemento díxome que se vía para axudarnos 30 minutos, e foi cando o metín no partido".