Carvalhal di que o Celta ten recursos suficientes para superar o Español na Copa
O técnico portugués ten opción de variar ata medio equipo con respecto aos que xogaron ante o o Sevilla
Aínda que a situación na liga sexa preocupante, o Celta ten recursos suficientes para tentar superar a terceira eliminatoria de Copa do Rei, o teito infranqueable para os celestes desde o cambio de formato. Carlos Carvalhal ten opción de variar ata medio equipo tomando como base os cambios que realizou o venres ante o Sevilla.
Avanzou que está todo o cadro de xogadoresdispoñible menos o porteiro Coke Carrillo, con síntomas gripais, per non deu pistas nin sequera sobre se se gardará algo:
"Nun grupo como o Celta, a diferenza non é moi grande entre os xogadores. Está Iago (Aspas), que é diferencial, pero (polo demais) non hai moita diferenza. Confiamos en todo o plantel"
Tampouco revelou quen estará baixo paus:
"Non teño un porteiro de Liga e outro de Copa. En Copa xogou Iván Villar (fronte ao Gernika) e mañá é outro partido e, en función do momento dos dous porteiros, decidiremos".
Si ten claro que non pode perder de vista a acumulación de partidos.
"Temos que facer unha análise, porque xogamos dous partidos nun curto espazo de tempo. Seguro que imos presentar un once para loitar por seguir na Copa, que é o obxectivo"