Cargando resultados...
Carvalhal confirma que pode haber novidades no peche do mercado antes de recibir o Athletic
O equipo vigués xoga contra o Athletic á busca de seguir mellorando
O técnico amosa a súa confianza na dirección deportiva e agarda algunha incorporación
G24.gal
28/01/2023 14:18
No medio da posible saída de Denis Suárez e mirando de esguello ao peche do mercado o Celta recibe mañá en Balaídos, as seis e media ao Athlétic Club de Bilbao.
Será un deses encontros marcados en vermello por Carlos Carvalhal. O técnico do Celta reclamou o apoio da afección en Balaídos, como sucedeu no último partido ante o Vilarreal.
Mentres agarda a chegada dalgún reforzo para a dianteira, Carvallal quere manter o nivel defensivo e mellorar arriba no partido de mañá ante o Athletic.