Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cartas dende o exilio: o agradecemento de Eduardo Blanco Amor a Benito Villamarín

Cartas dende o exilio: o agradecemento de Eduardo Blanco Amor a Benito Villamarín

O documento enviado por Blanco Amor é unha mostra de gratitude, "recoñecendo o labor e a personalidade de Benito Villamarín"

ESCOITA | O Convivir deportivo en que descubrimos este tesouro

G24.gal 27/12/2022 17:40

Cartas inéditas dende o exilio. Benito Villamarín axudou a Blanco Amor a retornar a España dende A Arxentina.

Coma un tesouro garda Benito Villamarín esta carta do ano 1961. Nela, o xornalista e escritor galego Eduardo Blanco Amor, dende o seu exilio na Arxentina, agradécelle ao seu avó que o axude a volver a España.

Benito Villamarín Rivero, neto de Benito Villamarín, atopa na carta un xesto de "agradecemento pola axuda", que acompaña o interese por saber do seu estado tras unha operación polo seu cancro.

Foi o Convivir deportivo de Alfonso Pardo o que deu conta desta historia inédita. Sobre esta relación a distancia entre o recoñecido poeta e a emblemática personalidade bética conversaron o propio Pardo e Belén Regueira, nas ondas do Diario cultural.

O documento enviado por Blanco Amor é unha mostra de gratitude, "recoñecendo o labor e a personalidade de Benito Villamarín", di o neto.

Na Arxentina, Blanco Amor tiña amizade con Pepe Villamarín, que era o presidente do Centro Galego de Bos Aires e irmán de Benito Villamarín, piar histórico do Real Betis Balompié, e persoa que axudou a moitos galegos no exilio".

Nesta Ínsua dos Poetas, o presidente da Fundación Blanco Amor cóntanos que gardan máis correspondencia entre estes dous galegos, xa que Villamarín, orixinario do concello ourensán de Toén, tamén lle respondía a través de cartas.

Palabras sobre papeis que percorreron milleiros de quilómetros e que, co paso dos anos, son herdanza cultural en tempos dixitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar