Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carracedo lidera o consorcio internacional que descubriu os 46 xenes da covid severa

Carracedo lidera o consorcio internacional que descubriu os 46 xenes da covid severa

Baixo a dirección do prestixioso xenetista galego analizáronse en Santiago 20.000 millóns de datos de pacientes de todo o mundo

G24.gal 19/05/2023 14:20

Por fin hai resposta para unha da incógnitas máis relevantes que deixou a pandemia: como o mesmo virus que pode matar a uns pode pasar para outros practicamente inadvertido?

Importa a idade, o tipo de virus e a carga viral, "pero a xenética de cada un importa un 50 %. Iso foi o primeiro que se descubriu", explica Ángel Carracedo, director do Centro Nacional de Xenotipado, que impulsou desde os inicios da pandemia un consorcio internacional de hospitais clínicos para determinar cales eran eses xenes que marcan a diferenza. 

Foi un estudo inxente, con máis de 20.000 individuos analizados.

"Un consorcio que se chama scourge, que é un vocablo inglés que significa peste, que era apropiado. A verdade é que o traballo de moitos hospitais foi importantísimo. E tamén a doazón dos pacientes. Un millóns de datos de variantes xenéticas en cada individuo por paciente e 20.000 pacientes analizados son 20.000 millóns de datos. Esto non se pode facer en calquera centro, pero nos temos a sorte de ter aquí en Santiago o Centro Nacional de Xenotipado", matiza Ángel Carracedo, director do Centro Nacional de Xenotipado. 

Os resultados, conseguidos en tempo récord, publícanse agora en Nature, a revista cientifica máis prestixiosa en biomedicina. Nos casos severos de covid, atopáronse 46 alteracións xenéticas comúns. Descubriron que xa existen medicamentos para tratar algunhas delas; por exemplo, un tratamento de imunoterapia que se usa para a reuma. É unha esperanza para pacientes que teñan problemas graves, non só por covid, senón por cousas similares, porque xa se vai entendendo qué fármacos lles poden axudar a salvar a vida.

Un novo chanzo desde Galicia nesa revolución acelerada que vive a medicina grazas ao coñecemento do ADN e á capacidade de computación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos