Carlos Sainz logra en Silverstone o primeiro gran premio da súa carreira
Carlos Sainz gañou en Silverstone o primeiro gran premio da súa carreira deportiva. O madrileño conseguira o mellor tempo nos adestramentos avisando das boas prestacións que tiña neste circuíto.
Houbo unha primeira saída caótica cun accidente múltiple que provocou a repetición. Na saída boa, Verstappen comezou moi agresivo atacando e adiantando a Sainz. Pero unha picada na volta 12 deixou os dous Ferrari á fronte da proba.
Logo chegaría o momento de Lewis Hamilton. Nun inicio de temporada desastroso, non conseguira liderar ningunha proba ata o de agora, ata que en Silverstone rodou á fronte durante varias voltas.
Na volta 43 chegou o momento chave da carreira. Unha entrada do safety car deixou a Carlos Sainz á fronte da carreira e o piloto español non desaproveitou a oportunidade. Arrincou en cabeza e mantivo a raia a Sergio Pérez, segundo, e Lewis Hamilton, que acabou no terceiro posto. Fernando Alonso tamén estivo nos postos de privilexio cunha quinta posición.
