Carlos Pita, toda unha vida como albivermello
Entre esta imaxe de agosto de 2010 nun Lugo-Fabril....E estoutra do pasado domingo entre o Lugo e o Amorebieta.
Transcorreron máis de 11 anos. Doce temporadas nas que Carlos Pita disputou un total de 400 partidos coa camisola lucense.
En total, toda unha vida deportiva como albivermello que os afeccionados souberon valorarlle e recoñecerlle.
Carlos Pita: "Son moitos anos aquí, demasiado tempo vendo o mesmo xogador e as veces as caras cansan, pero sempre lle estarei agradecido a Lugo, a afección porque o trato hacia min sempre foi espectacular".
Con trinta e sete anos, Carlos Pita segue sendo decisivo. Así o amosou na última xornada marcando un tanto que lle deu un punto ó Lugo ante un rival directo na loita pola permanencia. O coruñés semella ter aínda corda para un tempo.
Carlos Pita: "A corda cada vez é máis curta. Por agora só estou pensando en axudar o equipo, en tratar de estar a gusto, de estar ben, seguir sendo competitivo e non penso máis aló de disfrutar cada día porque coa miña idade, facer plans de futuro no fútbol é moi complicado".
Huesca e o Alcoraz preséntanse como o plan 401 de Pita.