Carlos Ordóñez e Loita Amada, novidades musicais con Marta Gómez
Carlos Ordóñez adianta o seu novo LP co sinxelo 'Un canto sinusoide', editado por Ferror Records
Loita Amada presentan o seu novo disco con dúas xornadas de música e convivencia na Gentalha do Pichel
Carlos Ordóñez, pioneiro da electrónica escura nos anos 90 co seu proxecto Prozack adianta o que será o seu primeiro álbum longo baixo o seu nome con 'Un canto sinusoide', un tema xestado tras a morte da súa nai e que formará parte de 'Un instante de naufragio', un titulo inspirado nos poemas á morte de Emily Dickinson.
Loita Amada presenta o seu novo disco 'Resistir é vencer' nunha dobre xornada cultural en Compostela co obxectivo de xerar comunidade, e non só ser unha banda no escenario. Será esta fin de semana e haberá palestras, xantar popular, foliadas e concertos. O disco foi gravado por Kaki Arkarazo e tamén se poderá escoitar este mes en Lugo e O Grove.