Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Malamud (Instituto Elcano) pide unha reforma constitucional no Perú para cambiar as regras electorais

Carlos Malamud (Instituto Elcano) pide unha reforma constitucional no Perú para cambiar as regras electorais

"Creo que a nova presidenta se equivoca cando fala de non adiantar as eleccións", di o analista para América Latina do Real Instituto Elcano

Simpatizantes de Castillo piden o peche do Congreso en Lima
G24.gal 09/12/2022 08:43

O analista para América Latina do Real Instituto Elcano Carlos Malamud cre que cómpre unha reforma constitucional no Perú que cambie as regras electorais. Nunha entrevista no Galicia por diante, Malamud apuntaba que a norma actual perpetúa no poder os parlamentarios e fomenta o mal uso dos seus cargos: "Creo que a nova presidenta se equivoca cando fala de non adiantar as eleccións. Un adianto requiriría dunha reforma constitucional; pois diso se trata".

Sobre a capacidade de Dina Boluarte para sacar o país da crise política en que está inmerso tras a detención do seu antecesor Pedro Castillo, Malamud cre que é unha incógnita: "Os antecedentes de xestión de Boluarte son limitados. Saberémolo na medida en que presente o seu Gabinete, que tipo de alianzas saiba formar co Parlamento, que está sumamente fragmentado...".

O analista do Instituto Elcano referiuse tamén á crise na Arxentina, tras a condena xudicial por corrupción á vicepresidenta Cristina Fernández. Carlos Malamud opina que as sospeitas de que a sentenza responda a unha persecución política son infundadas. O investigador descoñece se a situación actual vai impulsar a oposición arxentina nas eleccións do ano próximo: "Se a oposición estivese moito máis unida do que está, esa idea de cambio de Goberno sería moito máis clara que neste momento. O que ocorre é que, se ben o Goberno está moi debilitado, a oposición tamén".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade