Carlos López marca no 88 e o Bergantiños sobe á cuarta posición
Os de Carballo remontaron o gol inicial do Salamanca e gañaron por 2-1
Suman 38 puntos, os mesmos que o Compostela
O Bergantiños derrotou o Salamanca no partido adiado (2–1) e ascende á cuarta posición do campionato, que o confirma como un dos equipos revelación da temporada.
No primeiro tempo o dominio foi dos salmantinos pero as mellores ocasións tivéronas os de Carballo. A Christian anuláronlle un gol por un fóra de xogo moi xusto e Remeseiro fallou nun man a man.
Aos dous minutos da segunda metade Ibán Ribeiro marcou un golazo (0–1). O Bergantiños nunca perdeu a esperanza e empatou no 61 cunha cabezada de Agulló. Os dous equipos fallaron ocasións claras para poñerse en vantaxe e, cando parecía que asinaban o empate, chegou a xogada do gol de Carlos López.