Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Domínguez: “A miña opción sempre foi quedar no Celta”

Carlos Domínguez: “A miña opción sempre foi quedar no Celta”

Domínguez confesou que a posibilidade de xogar a liga Europea co equipo no que se formou tamén influíu na súa decisión

Foto Celta
G24.gal 20/08/2025 16:47 Última actualización 20/08/2025 16:51

O defensa Carlos Domínguez recoñeceu este mércores que durante o verán recibiu ofertas doutros clubs para cambiar de equipo, pero que a súa idea “sempre” foi permanecer no Celta, co que ampliou o seu contrato ata xuño de 2028.

“Desde un primeiro momento as conversacións co Celta foron polo bo camiño. A miña opción era quedar aquí. Si que é verdade que soou algunha oferta por aí fóra, pero a miña opción era quedar aquí e non tiña ningún motivo de irme", sinalou en rolda de prensa.

Neste sentido, Domínguez confesou que a posibilidade de xogar a liga Europea co equipo no que se formou tamén influíu na súa decisión de seguir ás ordes de Claudio Giráldez.

“Estou na miña casa. Agora somos un equipo cheo de canteiráns e iso xera moita ilusión. Os resultados están a ser moi bos e, sobre todo, este ano tan ilusionante, con tres competicións e algo novo para moita xente como xogar en Europa”, subliñou.

O canteirán admitiu que non empezaron “da mellor maneira” coa derrota ante o Xetafe no debut ligueiro, pero lembrou que restan 37 xornadas para “mostrar o Celta que somos, un equipo con personalidade”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos